Albareda i Ramoneda, Anselm

Albareda i Ramoneda, Anselm

Historiador, bibliotecario e cardeal. Estudiou en Montserrat, licenciouse en teoloxía en Roma, onde estudiou paleografía. Nomeado arquiveiro do mosteiro de Montserrat, fundou as dúas coleccións de documentos e estudios Analecta Montserratensia (1917) e Catalonia Monastica (1926), editando ademais unha Historia de Montserrat e outros estudios básicos para a historia crítica do mosteiro catalán, que lle serviron para o nomeamento da Xefatura da Biblioteca Vaticana (1936). Durante a Segunda Guerra Mundial salvou da destrución diversas bibliotecas, entre elas a de Montecasino. Foi Doutor Honoris Causa pola Universidade de Friburgo, de Brisgovia e de dúas universidades dos EE UU. Foi abade titular de Ripoll. Xoán XXIII nomeouno Cardeal (1962) e Arcebispo titular de Gisaria.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Barcelona

  • Deceso