Albarellos
Albarellos
Afluente do Vilaza pola dereita que nace no Lombo dos Paraños (a 500 m de altitude), da confluencia de varios regueiros, e atravesa en dirección NO-SL, aproveitando unha fractura no terreo, as parroquias de Infesta, Albarellos e Vilaza do concello de Monterrei.