Albarenga

Albarenga
[HIST/HERÁLD]

Liñaxe de orixe portuguesa asentada no distrito de Beiro. A rama que pasou a Galicia procede de Egas Moñiz. Un dos seus descendentes, Martín Pérez de Albarenga, tomou este apelido por ser señor de Albarenga, lugar do concello de Beiro na comarca do Ribeiro onde estableceu o seu casal. As armas orixinarias desta familia levan, en campo de prata, tres faixas de goles, cargadas con cadansúa orde de veros, de prata e azur. Os de Galicia traen, en campo de azur, un minguante de prata, coas puntas cara a abaixo, acompañado de catro aspas de ouro, tres en xefe e unha en punta.