albaroque
(< ár albaroc)
-
s
m
[ETN]
-
Celebración que se leva a cabo despois de ter selado un compromiso, contrato, convenio ou venda e que consiste en tomar todos xuntos un vaso de viño ou unha comida.
Ex: Montamos un albaroque que rematamos ás dúas da mañá.
Sinónimos: robra. -
Comida que se ofrece aos amigos e veciños ao remate dunha casa e que se indica poñendo unhas pólas, normalmente de loureiro, no seu cume, preto da cheminea.
-
Comida que se ofrece aos operarios ou xornaleiros ao remataren un traballo.
Ex: O meu pai ofreceulle un albaroque aos albaneis.
-
-
s
m
[ALIM/ETN]
Copa de augardente ou comida lixeira que se toma entre o almorzo e o xantar.
Ex: Vén que te invito a tomar un albaroque!
Sinónimos: parva. -
s
m
Termo da xerga das palilleiras que designa ‘a festa que se fai despois dunha exposición ou dun labor difícil e ben feito’.