Albarracín, Taifa de
Albarracín, Taifa de
Pequeno reino de taifa constituído no s XI ao redor da cidade de Albarracín, no S de Teruel, O de Jérica e Segorbe e N da Taifa de Alpont; a capital quedaba no extremo SO do seu territorio. A finais do s X dominaba a rexión a familia bérber dos Banū Razīn, que lle deron o nome: Hu ḏ ayl ibn Halaf ibn Razīn (1012-1045) foi o conformador da taifa. O Cid fíxoa tributaria (1069) na loita con ‘Abd al-Malik ibn Hu ḏ ayl (1043-1103). A rápida decadencia almorávide perante o pulo almohade fixo que, a pesar da subxección, Albarracín continuase a manter unha certa personalidade política. Na segunda metade do s XII dependía aínda de Ibn Mardaniš (1152-1172) de València. A actividade construtora dos Banū Razīn amósase na sólida muralla.