Albino/Albina

Albino/Albina
[ONOM]

Nome procedente do latín albinus ‘abrancazado’ derivado do adxectivo albus ‘branco’. Orixinariamente debeu ser un apelido alusivo á cor clara da pel e do pelo que co tempo chegaría a converterse en antropónimo. A festa de santo Albino, Bispo na Galia (s VI), venerado como Aubin ou Albin, celébrase o 1 de marzo e o 15 de setembro.

Palabras veciñas

albinismo | albino -na | Albino, Clodio | Albino/Albina | Albinoni, Tommaso | Albión | albión -na