albión -na

albión -na
  1. adx

    Relativo ou pertencente a Albión ou aos seus habitantes.

  2. s [ETN/HIST]

    Individuo dun pobo céltico establecido na época prerromana no S de Inglaterra, probablemente relacionado cos albións do convento lucense.

  3. s [ETN/HIST]

    Pobo indíxena da Gallaecia romana que segundo as fontes romanas, fundamentalmente Plinio e Ptolomeo, ocupaba os vales do Navia e o Eo no Convento Lucense. Esta mesma fonte cita a presencia dun tal Nicer Clutosi, príncipe dos albións, de quen se conserva a súa estela, excepcional documento arqueolóxico.

Palabras veciñas

Albino/Albina | Albinoni, Tommaso | Albión | albión -na | albiroque | albiscable | albiscar