albión -na
albión -na
-
adx
Relativo ou pertencente a Albión ou aos seus habitantes.
-
s
[ETN/HIST]
Individuo dun pobo céltico establecido na época prerromana no S de Inglaterra, probablemente relacionado cos albións do convento lucense.
-
s
[ETN/HIST]
Pobo indíxena da Gallaecia romana que segundo as fontes romanas, fundamentalmente Plinio e Ptolomeo, ocupaba os vales do Navia e o Eo no Convento Lucense. Esta mesma fonte cita a presencia dun tal Nicer Clutosi, príncipe dos albións, de quen se conserva a súa estela, excepcional documento arqueolóxico.