Alborada

Alborada

Publicación clandestina distribuída polo Movemento Democrático de Mulleres (MDM) na área de Ferrol e A Coruña. O primeiro número saíu a ciclostil no ano 1969 e non acadou unha periodicidade regular. Tiña un carácter axitador arredor das loitas contra a situación de discriminación das mulleres en distintos eidos, ao tempo que recollía loitas obreiras e reivindicacións das liberdades democráticas.