Alborada, La
Alborada, La
Publicación semanal bilingüe e ilustrada, impresa na Habana (Cuba) que nace a finais do ano 1911 e principios de 1912. Aparece subtitulada como “Órgano de la colonia gallega en Cuba”. O seu director e redactor-xefe foi Roberto Blanco Torres. Colaboraban nela Riguera Montero, Lesta Meis, Manuel Murguía, Salvador Rueda, Ramón Carballal e Antonio Rey Soto. Nas súas doce páxinas aparecían diversas “Regionales” con novas referentes a Galicia, e “Contos e lerias”, sección en galego dedicada á literatura, biografías e poesía.