alcalinotérreo -a

alcalinotérreo -a

(

  1. adx [QUÍM]

    Dise dos metais calcio, estroncio, bario, radio e os seus compostos.

  2. s m [QUÍM]

    Cada un dos elementos metálicos da serie: calcio, estroncio, bario e radio, pertencentes todos eles ao grupo IIA da táboa periódica. Son sólidos dúctiles, de cor branca prateada. Os seus átomos teñen só dous electróns no nivel máis externo, que se perden facilmente, deixando un catión divalente, coa configuración electrónica dun gas nobre. A estabilidade desta configuración e o feito de que o segundo destes electróns se perde máis facilmente ca o primeiro, fai que a súa valencia sexa sempre dúas. En comparación cos metais alcalinos, os alcalinotérreos dan ións de radio máis pequenos, funden e ferven a temperaturas elevadas e ademais teñen unha densidade maior. A súa electropositividade e a súa reactividade química son inferiores. Non obstante , reaccionan facilmente cos halóxenos, co osíxeno e coa auga, e dan hidróxidos fortemente básicos. Para obtelos libres cabe utilizar electrólise ígnea ou redutores moi potentes. Os seus carbonatos son insolubles na auga. Ao aumentar o número atómico medra o volume atómico, o radio iónico, a tendencia á hidratación dos sales e a velocidade de reacción co hidróxeno; decrece non obstante o punto de fusión e a solubilidade dalgúns sales.

Palabras veciñas

alcalinizante | alcalinizar | alcalino -na | alcalinotérreo -a | alcalinuria | alcaloide | alcalose