Alcibíades

Alcibíades

Xeneral e político ateniense. Fillo de Clinias, sobriño de Pericles e discípulo de Sócrates. Durante as Guerras do Peloponeso loitou en Potidea e en Delio. Trala Paz de Nicea (? 421) comezou a súa actividade política como demócrata, enfrontándose a Nicias. Logrou romper a tregua con Esparta e foi nomeado estratega para as costas do Peloponeso. Posteriormente, dirixiu unha ousada expedición contra Sicilia (415). Acusado de impiedade polos seus adversarios, fuxiu a Esparta, onde traicionou os seus compatriotas, que foron vencidos polos siracusinos en Sicilia e polos espartanos en Decelea. Tampouco durou a súa alianza con Esparta, polo que se puxo baixo a protección do sátrapa Tisafernes. Dirixiu un complot de tipo oligárquico para conseguir o poder en Atenas, pero fracasou. Nomeado estratega da escuadra de Samos, logrou vencer os lacedemonios nas batallas de Cinosema (411) e Cícico (410). No 408, á súa volta á Atenas, foi elixido xeneral en xefe das súas forzas militares; responsabilizado polo fracaso do seu lugartenente Antíoco, fuxiu a Tracia. Esparta logrou que o sátrapa de Frixia, onde estaba refuxiado, o asasinase.

Cronología

  • Deceso