alción

alción

(< lat alcyŏne < gr ἀλκυών, -όνοΟ ‘alción, picapeixe’ < ἄλΟ ‘mar’ + κύω ‘concibir’)

s m [MIT]

Ave fabulosa procedente da mitoloxía grega que aparece representada facendo o niño sobre as augas do mar en calma. Debía o seu nacemento á metamorfose das fillas de Alcioneo. Estaba consagrado a Tetis e considerábase o símbolo de paz. Tense identificado co picapeixe, coa gaivota, co petrel e co cisne.

Palabras veciñas

Alcifrón | Alcina Franch, José | Alcínoo | alción | Alción | Alciona | alcionáceo -a