Alciona
Alciona
Filla de Eolo e muller de Cexo, Rei de Tracia, fillo da estrela da alba. Cexo, movido por malos augurios e despois de consultar o oráculo de Apolo, decidiu embarcar a pesar da desesperación de Alciona. Despois de varios meses sen ver o seu esposo, consultou a deusa Xuno sobre a súa sorte; a través do sono, Xuno reveloulle que Cexo morrera afogado. Alciona triste e desesperada botouse ao mar dende o mesmo lugar de onde partira o seu home. Compadecida ante un amor tan profundo, Tetis metarfoseounos en alcións e os deuses decidiron para protexelos que o vento e as ondas se calmasen nos días máis curtos do ano, época na que estes paxaros incuban os ovos. A súa fidelidade foi, segundo Ovidio e Virxilio, modelo de amor conxugal.