Alcora
Alcora
Municipio da provincia de Castelló de la Plana (8.662 h [1996]). Na cunca baixa do río Lucena. Gando ovino e caprino. Trigo, oliveiras, alfarrobeiras e vide. Cerámica e porcelana, actividade tradicional de Alcora, de xeito industrial dende 1727. No 1632 foi fundado alí un convento franciscano, desafectado e derrubado na primeira metade do s XlX.