Alcúdia

Alcúdia

Municipio do NL de Mallorca, nas Illes Balears (10.284 h [1996]). Cultivos de secaño. Produción de electricidade e planta embotelladora de butano. Turismo (elevado número de hoteis e urbanizacións residenciais). Situado preto da cidade romana de Pollentia, fundada no 123 a C, a orixe da cidade provén da conquista de Xaime I (1229). Dentro do termo encóntrase a cova paleocristiá de Santmartí e a igrexa de Santa Aina (s XIII).