Alcudia, val de
Alcudia, val de
Depresión sinclinal da Península Ibérica, ao S da provincia de Ciudad Real, flanqueada polas serras de Alcudia e drenada polos ríos Alcudia e Montoro. A máxima altitude atópase no pico Morrón de la Plaza (1.166 m). Aprovéitase como abeiro invernal dos rabaños trashumantes de Castela.