Aldan
Aldan
Río das terras altas da Siberia central, en Iacutia, afluente do Lena, cunha lonxitude de 2. 242 km. Nace nos montes Stanovoi e bordea o altiplano de Aldan. Navegable na súa maior parte, constitúe unha importante fonte de enerxía hidroeléctrica. Na súa cunca hai explotacións de ouro e de mica.