alderman*

alderman*
s m [HIST/ADM]

Na Inglaterra dos ss X e Xl, funcionario encargado do mando militar e da xurisdición de cada distrito do Reino. Foi un título honorífico aplicado aos xefes das corporacións gremiais, aos maxistrados de barrio e aos colaboradores do Presidente da Corporación Municipal. No Reino Unido e nos EE UU concédenlle este título aos concelleiros municipais e provinciais.