Alderney

Alderney

A máis setentrional das Illas Normandas, no Canal da Mancha, separada da península de Cotentin polo Race de Alderney (8 km2; 1.700 h [1996]). A capital é Saint -Anne. Historicamente está en disputa entre franceses e británicos; o nome francés é Aurigny. Ten explotacións de gando lanar e o turismo está moi desenvolto.