aldohexosa
aldohexosa
s
f
[QUÍM]
Hexosa pseudoaldehídica, é dicir, aldosa de seis carbonos. Existen oito aldohexosas diferentes, pero só a glucosa, a manosa e a galactosa presentan interese biolóxico.