Aldrei, Iolanda
Licenciada en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela e en Filoloxía Galego-Portuguesa pola da Coruña. Comeza publicando en diferentes revistas (Ólisbos, Nós, Cadernos do Povo) e participando en recitais. Publicou A palabra no ar (1990), Memória de nove luas (1994), Grimório Azul de Samaná (2011) e O segredo de Sheela na Gig (2017).
Colaborou nos cadernos de poesía Ao mar de adentro e 8 e médio. A súa poesía foi incluída en antoloxías como A mátria da palabra e Antologia de poesia lusófona. No 1994 estrea a obra teatral Eva Perón da que é coautora xunto con Ângelo Brea e Roberto Cordovani. Como ensaísta ten publicado traballos sobre lingua e literatura en diferentes revistas (Agália, Temas do Ensino). Participou en múltiples obras colectivas como Mulheres entre poesia e luita (2011), 150 Cantares para Rosalía de Castro (2015) ou Aldeas sen voz (2016).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Santiago de Compostela