Aldrey Lázara, Xosé

Aldrey Lázara, Xosé

Escultor. Formado no taller paterno, aproxímase á tradición da imaxinería popular en Galicia cunha técnica e un estilo relacionados co escultor Asorey. Participou en diversas exposicións e obtivo unha bolsa pola Deputación da Coruña en Roma para ampliar estudios. Entre 1956 e 1967 foi profesor de modelado na Escola de Artes e Oficios de Santiago, á que se incorporaría logo dunha pequena paréntese dous anos despois.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Santiago de Compostela