Alecsandri, Vasile
Alecsandri, Vasile
Escritor e político romanés. Contribuíu á afirmación da cultura romanesa. Foi director do Teatro Nacional de Iaşi (1840-1842) e da revista Romani Literara (1855). Consagrado como escritor, ocupou cargos políticos diversos (Ministro de Asuntos Exteriores, 1859; embaixador en París, 1855). Recolleu a tradición das cancións populares e como poeta equilibrou o seu romanticismo cun certo clasicismo na escolma Pasteluri (Pasteis, 1875). Escribiu un bo número de obras teatrais.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Basau -
Deceso
Lugar : Mircesti