Aleixandre, Vicente
Poeta español. Licenciado en Dereito, aínda que nunca exerceu. Considerado un dos principais representantes da Xeración do 27, o seu mundo poético enriqueceuse e evolucionou dende Ámbito (1928) ata Espadas como labios (1932) e La destrución o el amor (1934), dende o simbolismo ao superrealismo. Espallou a idea de que a poesía é o todo e que os datos da experiencia vital, a natureza, o subconsciente e as lembranzas son os elementos que a integran. Despois dos poemas en prosa Pasión de la tierra (1935), publicou un dos seus libros fundamentais: Sombra del Paraíso (1944). Despois dos amargos versos de Mundo a solas (1950) escribiu entre outras: Historia del corazón (1954), Poemas de la consumación (1968) e Diálogos del conocimiento (1974). Publicou tamén Poesías completas (1960) e os retratos literarios Los Encuentros (1959). En 1968 reuniu todas as súas Obras completas, e en 1976 publicou Antología total. Ingresou na Real Academia Española en 1950. Outorgáronlle o Premio Nobel de Literatura en 1977.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Sevilla -
Deceso
Lugar : Madrid