Alejo Inda, Xoán

Alejo Inda, Xoán

Axudante maior da praza de Baiona no momento da invasión francesa do 1809. Xunto a Xoaquín Tenreiro, alcalde da xurisdición de Tui, e ao Tenente de infantería portugués João Bautista Almeida, tivo un destacado papel fronte aos ataques galos ao cuartel xeral de Santa Cristina de Lavadores e no asedio de Tui. Encargouse da vixilancia do gobernador de Baiona, encarcerado por sospeitoso. No 1810 o Consello de Rexencia recompensouno polos servicios prestados co grao de Coronel, o goberno da praza de Tui e o escudo de honra, favores dos que non chegaría a gozar por non se firmaren os reais despachos; as súas rogativas non foron atendidas, principiándose o ocaso da súa brillante carreira, marcado polo abandono, a miseria e o esquecemento.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Baiona