alelopatía

alelopatía

(< alelo + -patía < gr ἀλλήλων ‘uns a outros’ + πάϴεια ‘dano’)

s f [ECOL]

Proceso no que metabolitos secundarios producidos por plantas, algas, bacterias e fungos inflúen sobre o crecemento e desenvolvemento de sistemas agrícolas e biolóxicos. Os metabolitos secundarios de acción alelopática tiñan unha función orixinalmente de toxicidade para animais ou patóxenos pasando logo a desempeñar unha función daniña para as plantas veciñas, unha vez liberados no medio circundante. Os metabolitos tóxicos que produce unha planta son liberados ao medio ambiente onde teñen unha acción alelopática sobre outros vexetais e a planta produtora obtén unha vantaxe adaptativa fronte a plantas competidoras.

Sinónimos

Palabras veciñas

alelo | alelomorfismo | alelomorfo | alelopatía | alelosómico -ca | alelotipo | aleluia