alén
(< lat ad illinc ‘de alí’)
-
Río que nace da confluencia de varios regueiros no pozo de Ameáns e conflúe co río Tea na súa marxe dereita. O curso deste río, que discorre en dirección N - S por unha fractura do terreo formando un val pechado, é o lindeiro entre os concellos do Covelo e de Mondariz.
-
adv
Da outra banda, da banda de alá.
Ex: Estaba situado alén de nós, na outra banda do río.
Antónimos: aquén, aquén. -
s
m
O mundo que, supostamente, existe máis alá da morte.
Ex: O culto ó alén está estendéndose por moitos países africanos. Algunhas persoas non cren no alén.
-
alén mar Ultramar.
Frases feitas
-
alén de loc prep Máis alá dun momento no tempo ou dun lugar. SIN: despois de. Ex: Alén dese día, non poderemos asistir maís ás clases preparatorias. / Ademais de. Ex: Alén das informacións que nos pasaron, debes ler o informe redactado por min.