alepocefálido

alepocefálido

(< a- + alepo + céfalo + -ido< ἀ ‘sen’ + λεπίς ‘escama’ +κεϕ‡αλή ‘cabeza’)

  1. s m [ANIMAL/ICT]

    Peixe da familia dos alepocefálidos.

  2. s m pl [ANIMAL/ICT]

    Familia de peixes da orde dos clupeiformes, de corpo alongado, cor escura, aletas impares situadas moi atrás e ollos moi grandes e, ás veces, telescópicos. Viven a grandes profundidades e algunhas especies presentan fotósforos. Pertence a esta familia o xénero Xenodermichthys.

Palabras veciñas

alepisáurido -da | Alepisaurus | Alepo | alepocefálido | alepocéfalo -la | alerce | alergólogo -ga