alerón

alerón

(< fr aileron ‘á pequena’)

  1. [AERON]
    1. s m

      Superficie móbil e articulada do avión situada no extremo do ángulo de saída da á. Serve para gobernar o movemento de balanceo da aeronave.

      Ex: Cun breve movemento nos aleróns da aeronave descendemos douscentos metros.

    2. alerón Frise Tipo de alerón aerodinamicamente equilibrado para diminuír o seu cociente de momento. Emprégase en avións pequenos e medianos.

  2. s m [MAR]

    Cada unha das extremidades laterais da ponte de mando, dende as que hai unha boa visibilidade cara á proa e cara á popa.

Palabras veciñas

alergólogo -ga | alergoloxía | Alerini, Charles | alerón | alerta | Alerta | Alerta!