alerón
alerón
(< fr aileron ‘á pequena’)
-
[AERON]
-
s
m
Superficie móbil e articulada do avión situada no extremo do ángulo de saída da á. Serve para gobernar o movemento de balanceo da aeronave.
Ex: Cun breve movemento nos aleróns da aeronave descendemos douscentos metros.
-
alerón Frise Tipo de alerón aerodinamicamente equilibrado para diminuír o seu cociente de momento. Emprégase en avións pequenos e medianos.
-
s
m
-
s
m
[MAR]
Cada unha das extremidades laterais da ponte de mando, dende as que hai unha boa visibilidade cara á proa e cara á popa.