alérxeno -na
alérxeno -na
(< alerxia + -xeno)
-
adx
[FISIOL]
Que pode provocar hipersensibilidade e reaccións en forma de alerxias.
-
s
m
-
[FISIOL]
Substancia do medio que, actuando como antíxeno, pode determinar a formación de anticorpos IgE de hipersensibilidade inmediata, en persoas predispostas xeneticamente. Son compostos moi polares que xa en pequenas cantidades posibilitan a aparición dunha sensibilización alérxica. A exposición do individuo sensibilizado a calquera alérxeno pode desencadear unha anafilaxe.
-
[MED]
Cada un dos extractos obtidos das substancias que se supón que poden causar alerxia, destinados ao diagnóstico específico da alerxia pola reacción que producen ao seren aplicados na pel.
-
[FISIOL]