alerxia
(
-
s
f
[PAT]
Modificación da capacidade reactiva dos tecidos dun ser vivo, xeralmente en forma de hipersensibilidade, despois de ter sido sensibilizado por un antíxeno. Habitualmente os antíxenos son alérxenos, substancias ambientais non tóxicas para a maioría da xente. Nun primeiro contacto os alérxenos sensibilizan a unha persoa, é dicir, provocan a formación de anticorpos. Nunha segunda entrada do antíxeno, este reacciona co anticorpo previamente formado (reacción antíxeno-anticorpo) que determina a manifestación clínica das enfermidades alérxicas. Estas reaccións dan lugar a catro tipos diferentes de hipersensibilidade: Tipo I ou de hipersensibilidade inmediata ou anafiláctica, que comporta a liberación de substancias vasoactivas como a histamina, causantes dos trastornos nos tecidos e nos órganos. Este mecanismo é responsable da rinite alérxica, da asma bronquial, da urticaria, do anxioedema e do choque anafiláctico. Tipo II ou reaccións citotóxicas, que comporta a activación do complemento e determina a lise das células dos tecidos; dáse en certos casos de alerxia a medicamentos. Tipo III ou fenómeno de Arthus, no que a unión do antíxeno e o anticorpo forma complexos antíxeno-anticorpo que se fixan nos tecidos, activan o complemento e determinan inflamación local; é o caso da enfermidade do soro e das denomidadas enfermidades por complexos inmunes. Tipo IV ou de inmunidade retardada, en que os linfocitos T sensibilizados reaccionan directamente co antíxeno producindo inflamación local mediante linfocinas; é o mecanismo das dermatites de contacto.
-
s
f
[PAT]
Sensibilización patolóxica producida por desencadeamento de trastornos de orixe emocional.
-
s
f
Aborrecer algo.
Ex: Téñolles alerxia ós programas de televisión.