aleta
(
-
s
f
-
Á pequena.
Ex: Estiveron reparando a aleta do avión para facilitar o seu voo.
-
Nome dado a certas pezas ou parte dun obxecto que sobresaen a xeito dunha aleta pequena.
Ex: Rompín a aleta dereita do coche contra aquel muro.
-
-
s
f
[ANAT]
-
Cada un dos apéndices que posúen os peixes, cunha función locomotora ás veces, pero sempre estabilizadora, compensadora e de temón. É un repregue dérmico que sobresae do corpo en forma de lámina, normalmente carnosa, sostida por radios e recuberta por unha membrana. Os peixes cartilaxinosos teñen moitos radios, en contacto uns cos outros, de consistencia cartilaxinosa; os peixes óseos teñen poucos, distanciados entre eles, xeralmente osificados e acaban normalmente en picos. As aletas son de dous tipos: impares e parellas. As impares diferéncianse en tres: aleta dorsal, aleta anal e aleta caudal. A aleta caudal é a unica que ten unha verdadeira función propulsora. As aletas parellas están soldadas ás cinturas escapular e pelviana (aletas pectorais e pelvianas).
-
Apéndice doutros animais acuáticos semellante á aleta dos peixes, como as ás dos pingüíns, transformadas en aletas natatorias, as expansións do corpo como dos chocos ou luras.
-
-
s
f
[BÉL]
-
Saínte de certas bombas de aviación que as estabiliza na súa traxectoria.
Ex: Atoparon unha bomba soterrada grazas á aleta que sobresaía.
-
Peza das armas Mauser que serve para pousar a arma en situación de seguridade, de desmontaxe ou de tiro.
-
-
s
f
[DEP]
Cada un dos suplementos de goma en forma de pa que os nadadores e mergulladores calzan para que lles axuden a nadar.
Ex: Nadaba moito máis rápido grazas ás aletas que tiña nos pés.
-
s
f
[IND]
Cada unha das paredes que nas pontes e sumidoiros serven para conter as terras e guiar as augas.
-
s
f
[MAR]
-
Cada unha das pezas de madeira de forma curva que constitúen a última caderna de popa.
-
Nalgunhas embarcacións menores, prolongación da parte superior da obra morta de popa máis enriba da cuberta.
-
Parte do barco comprendida entre as marcacións de 10 e 14 cuartas (aletas de estribor) e entre as 18 e 22 cuartas (aletas de babor).
-
Cada un dos costados da embarcación inmediatos ao reviro de popa.
-
-
s
f
[TECNOL]
Forma laminar que un dá ou aplica, a maneira de extensión lateral, a certos dispositivos térmicos por aumentar a súa superficie de contacto co medio ambiente, co fin de facilitar o intercambio térmico.
-
s
f
[TECNOL/INDUM]
-
Cada un dos dous resortes planos que hai dentro da lanzadeira, cando se tece con canelas de madeira, para mantelos suxeitos e evitar que saian durante o funcionamento.
-
Extremidade das arañas da máquina de mecha por onde sae esta.
-
-
[MAR]
aleta de balanceo
-
[MAR]
aleta estabilizadora