aleta

aleta

(

  1. s f
    1. Á pequena.

      Ex: Estiveron reparando a aleta do avión para facilitar o seu voo.

    2. Nome dado a certas pezas ou parte dun obxecto que sobresaen a xeito dunha aleta pequena.

      Ex: Rompín a aleta dereita do coche contra aquel muro.

  2. s f [ANAT]
    1. Cada un dos apéndices que posúen os peixes, cunha función locomotora ás veces, pero sempre estabilizadora, compensadora e de temón. É un repregue dérmico que sobresae do corpo en forma de lámina, normalmente carnosa, sostida por radios e recuberta por unha membrana. Os peixes cartilaxinosos teñen moitos radios, en contacto uns cos outros, de consistencia cartilaxinosa; os peixes óseos teñen poucos, distanciados entre eles, xeralmente osificados e acaban normalmente en picos. As aletas son de dous tipos: impares e parellas. As impares diferéncianse en tres: aleta dorsal, aleta anal e aleta caudal. A aleta caudal é a unica que ten unha verdadeira función propulsora. As aletas parellas están soldadas ás cinturas escapular e pelviana (aletas pectorais e pelvianas).

    2. Apéndice doutros animais acuáticos semellante á aleta dos peixes, como as ás dos pingüíns, transformadas en aletas natatorias, as expansións do corpo como dos chocos ou luras.

  3. s f [BÉL]
    1. Saínte de certas bombas de aviación que as estabiliza na súa traxectoria.

      Ex: Atoparon unha bomba soterrada grazas á aleta que sobresaía.

    2. Peza das armas Mauser que serve para pousar a arma en situación de seguridade, de desmontaxe ou de tiro.

  4. s f [DEP]

    Cada un dos suplementos de goma en forma de pa que os nadadores e mergulladores calzan para que lles axuden a nadar.

    Ex: Nadaba moito máis rápido grazas ás aletas que tiña nos pés.

  5. s f [IND]

    Cada unha das paredes que nas pontes e sumidoiros serven para conter as terras e guiar as augas.

  6. s f [MAR]
    1. Cada unha das pezas de madeira de forma curva que constitúen a última caderna de popa.

    2. Nalgunhas embarcacións menores, prolongación da parte superior da obra morta de popa máis enriba da cuberta.

    3. Parte do barco comprendida entre as marcacións de 10 e 14 cuartas (aletas de estribor) e entre as 18 e 22 cuartas (aletas de babor).

    4. Cada un dos costados da embarcación inmediatos ao reviro de popa.

  7. s f [TECNOL]

    Forma laminar que un dá ou aplica, a maneira de extensión lateral, a certos dispositivos térmicos por aumentar a súa superficie de contacto co medio ambiente, co fin de facilitar o intercambio térmico.

  8. s f [TECNOL/INDUM]
    1. Cada un dos dous resortes planos que hai dentro da lanzadeira, cando se tece con canelas de madeira, para mantelos suxeitos e evitar que saian durante o funcionamento.

    2. Extremidade das arañas da máquina de mecha por onde sae esta.

  9. [MAR]

    aleta de balanceo

  10. [MAR]

    aleta estabilizadora