Aleutian Range
Aleutian Range
Cordilleira da rexión aleutiana, prolongación de Alaska Range, que se estende ao longo da península de Alasca constituíndo a súa espiña dorsal. Está formada por montañas volcánicas que descansan sobre unha serie de sedimentos post-oceánicos pregados. Algúns destes volcáns están aínda hoxe en actividade: o Katmai (2.047 m de alt) ten un dos maiores cráteres do planeta. O Iliamma Volcano (3.074 m de alt) é o pico culminante da cordilleira. O clima frío e húmido dá lugar á vexetación de tundra, motivo polo que os poucos habitantes (esquimós aleutianos, xunto con pescadores e cazadores ianquis) se concentran nas baías costeiras.