Alexandre I de Rusia

Alexandre I de Rusia

Tsar de Rusia (1801-1825). Participou no asasinato do seu pai, Paulo I e iniciou unha política constitucionalista e ilustrada (Consello de Ministros, reforma do ensino, etc). No 1805 entrou na terceira coalición contra Francia, pero os seus exércitos foron derrotados en Austerlitz (1805), Eylau e Friedland (1807); firmou a paz en Tilsit (xuño 1807) e en Erfurt (outubro 1808), comprometéndose a manter o bloqueo contra Gran Bretaña e a loitar contra Austria. Continuou a guerra contra Turquía, interveu en Persia (1808) e ocupou Finlandia (1809). Violou os acordos de Erfurt ante a ameaza do imperialismo francés. A campaña de Rusia, que parecía un grande éxito francés, acabou nunha desfeita. En 1813 o Tsar foi proclamado “campión” da Europa unida contra Napoleón: venceuno en Leipzig (1813) e entrou en París (1814). No Congreso de Viena opúxose a Metternich e propugnou unha especie de statu quo ante, que tivo éxito despois dos Cen Días de Waterloo (1815). A etapa pietista do seu goberno acabou nunha autocracia malia a liberación dos servos dos países bálticos (1816-1819), e axudou ao constitucionalismo francés.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : San Petersburgo

  • Deceso

    Lugar : Taganrog