Alexandre II de Rusia
Tsar de Rusia (1855-1881). Sucedeu a Nicolao I e puxo fin á Guerra de Crimea (1856). Tentou unha tímida liberalización que repercutiu nos feitos posteriores de Rusia. No 1861 liberou os servos e expropiou os nobres; a reforma realizouse utilizando institucións tradicionais como o mir. Realizou reformas na administración: creación de asembleas locais (zemstvo), reforma da xustiza, modificación do ensino e institución do servizo militar obrigatorio (1874). Coa insurrección de Polonia e o intento de rusificar o país, acabou o período de reformas. A nobreza polaca foi considerada responsable da insurrección e en Polonia as terras foron repartidas entre os campesiños. A política exterior de Gorcakov baseouse no paneslavismo. Dende 1859 os rusos atacaron o Cáucaso e conquistaron o Daguestán, para comezar as exploracións petroleiras de Bakú. No 1860 foi fundada Vladivostok e comezou a conquista do Turkestán. A causa do fracaso das reformas e da política paneslavista, desenvolveuse o fermento revolucionario. Morreu nun atentado.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Moscova -
Deceso
Lugar : San Petersburgo