Alexandre III de Rusia
Tsar de Rusia (1881-1894), segundo fillo de Alexandre II. En 1886 casou con Dagmar (María Fiodorovna), filla de Cristián IX de Dinamarca. Inaugurou unha etapa de afastamento de Europa, de intransixente autocracia e renunciou a toda reforma política e social. A prensa foi controlada (1881) e as universidades perderon a súa autonomía (1884). Desde 1887 obstaculizouse o acceso á escola das clases inferiores. Alexandre seguiu a política de rusificación (en Polonia, en Finlandia e nas provincias do Báltico) e proseguiu a expansión de Rusia cara a Asia Central. Completou a conquista do Turquestán, do oasis de Merv (1884) e das rexións de Fergana e Pamir (1893). Construíu o ferrocarril transcaspiano (1883-1886) e comezou o transiberiano (1891-1904). Continuou na Liga dos Tres Emperadores (1881) e asinou con Bismarck unha alianza xermano-rusa no 1887.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : San Petesburgo -
Deceso
Lugar : Livadija