Alexandre VI

Alexandre VI

De nome Roderic de Borja, foi Papa dende 1492 ata 1503. Pertencía a unha familia da pequena nobreza valenciana e era sobriño materno do Papa Calixto III. Destinado á carreira eclesiástica, antes de cumprir os 16 anos xa lle concederan un beneficio en Xàtiva e unhas coenxías en Segorbe (Castelló). Doutorouse en Dereito Canónico en Boloña (1456) e canda o seu tío ascendeu ao Pontificado cardeal-diácono. Foi titular ou administrador das mitras de Girona, València, Cartagena, Albano, Mallorca e Eger, entre outras. Probablemente, ordenouse sacerdote no 1458 ou no 1459. Designado por Calixto III vicechanceler da Igrexa no 1457, conservou o cargo sen interrupción baixo Pío II, Paulo II, Sixto IV e Inocencio VIII. Durante a súa etapa de cardeal, interveu na conclusión da Guerra Civil do Principado e legalizou o matrimonio fraudulento de Fernando II e de Isabel de Castela, aos que lles deu o apelativo de Reis Católicos (1496). No 1492 foi elixido Papa. Atribúenselle polo menos dez fillos. Ata 1498 acomete unha política hostil ás pretensións de Carlos VIII de Francia no Reino de Nápoles. Despois daquel ano decantouse polo cantón francés. En todo momento, sen embargo, tentou estender os dominios territoriais da Igrexa e reforzar a súa independencia e poder, tendo que se enfrontar cos bandos aristocrático-eclesiásticos indíxenas (Orsini, Colonna, Sforza, Della Rovere) para conseguilo. No aspecto relixioso, foi un firme defensor da ortodoxia e da disciplina. Foi promotor da Inquisición castelá noutros reinos e estimulou a evanxelización de América, reprimindo duramente o fanatismo puritano de G. Savonarola (1498). Como o seu tío Calixto III, rodeouse de xente da súa familia e de cataláns, sobre todo da Comunitat Valenciana, que ocuparon todo tipo de cargos na Curia, sendo o catalán lingua habitual do Palacio Pontificio. A figura de Alexandre VI, como a dos outros Borja (Borgia), pasou á posteridade como símbolo das depravacións do Quatroccento.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Xàtiva, València

  • Deceso

    Lugar : Roma