Alexandre Severo
Emperador romano (222-235 d C); curmán e sucesor de Heliogabalo. Atribúenselle as reformas que consolidaron o poder do Senado, no que creou unha especie de consello de rexencia formado por dezaseis senadores; así mesmo, reformou o cursus honorum nos graos intermedios e atribuíu aos prefectos do pretorio a dignidade senatorial. Iniciou unha serie de reformas xurídicas, financeiras (tentou reducir os gastos do exército) e sociais (introdución da protección social e da beneficiencia). Partidario do sincretismo relixioso, mantivo os seus privilexios aos xudeus e tolerou o Cristianismo. O alzamento dos sasánidas no Oriente obrigouno a loitar contra Ardacher I (232). Trasladouse ao Rin para negociar cos pobos xermánicos (234), pero foi asasinado polos seus lexionarios nunha revolta militar dirixida polo oficial tracio Maximino.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Arca Cesárea, Siria