alfábega

alfábega

(< ár al-ḥabāqâ)

s f [PLANTA]

Herba anual, de ata 30 cm de altura, moi olorosa, de follas enteiras, de cor verde avermellada, ovais e lixeiramente dentadas. Orixinaria da India, cultívase dende a Antigüidade como ornamental na rexión mediterránea. As súas follas, frescas ou secas, son moi apreciadas, xa dende os tempos dos gregos e dos romanos, como condimento dalgunhas preparacións: ensaladas, peixes graxos, setas, pratos con ovos, estofados de carne, tomate fresco ou en salsa, pratos de pasta, sopas ou cremas de verduras e, especialmente, como ingrediente para a elaboración de prebes ( pesto). Cultívase tamén para extraer aceites esenciais.

Palabras veciñas

Alexo | alfa | Alfa Romeo | alfábega | alfabeticamente | alfabético -ca | alfabetización