Alfaro i Hernández, Andreu

Alfaro i Hernández, Andreu

Escultor. Inicialmente estivo relacionado co Grupo Parpalló (1957) e, baixo a influencia de Oleiza, Brâncusi e Pevner, recolleu as experiencias informalistas do momento, como manifestan as súas estruturas metálicas retortas. Afastado desta liña, en 1961, concretou a ligazón entre a arte e a comunidade social (La veu d’un poble 1964-65, Monument a l’amor 1965-67, My black brother 1966), reduciu a complexidade da escultura e empregou unha linguaxe pragmática. Ao final dos sesenta, iniciou unha recoñecida fase de experimentación con elementos metálicos; realizou obras cinéticas a partir de materiais comúns (Catalán power 1976) e comezou a facer esculturas de gran formato e monumentos (Monument als Països Catalans, Tárrega 1981). Ao redor de 1980 experimentou con arame. En 1981 concedéuselle o Premio Nacional das Artes Plásticas e en 1991 o Premio Alfonso Roig da Deputación de València. Realizou esculturas ao aire libre en Frankfurt (1986), Madrid (1990) e Barcelona (1991). O IVAM dedicoulle unha exposición retrospectiva en 1991.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : València

  • Falecemento