Alfonso Fuentes, José

Alfonso Fuentes, José

Mestre de capela da catedral de Santiago. Nela desempeñou o seu maxisterio nun curto período de apenas ano e medio (febreiro de l893-setembro de 1894). Antes fora organista nas catedrais de Valladolid e Segovia. En Compostela desenvolveu unha actividade pouco relevante, deixando unha ducia de composicións, algunhas das cales foron censuradas por M. Lozano (cóengo da catedral) e por S. Tafall (coéngo e tamén mestre de capela), xa que o autor se permitira certas licencias mal vistas na música sacra, como a inclusión de timbais. Cómpre destacar a amizade que mantivo con Xoán Montes, que lle dedicou a súa célebre balada Unha noite na eira do trigo. Despediuse de Santiago ao ser nomeado Mestre de Capela da catedral de Madrid, onde permanececeu ata 1903, ano no que ingresou na Compañía de Xesús, abandonando a música. Da súa produción destaca unha obra coral que presentou ao certame da Exposición Rexional de Lugo (1896).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Alcañiz, Teruel

  • Deceso

    Lugar : Madrid