algaria
algaria
-
s
f
[ANIMAL]
Mamífero carnívoro que pode acadar 1 m de lonxitude, da que a metade corresponde ao rabo, de cor gris con pintas escuras no corpo e aneis tamén escuros no rabo. É de costumes nocturnos e crepusculares. Segrega unha substancia semisólida, untosa, de cheiro de almiscre nunha bolsa preto dos órganos xenitais que se emprega en perfumería coma fixador. En Galicia atópase amplamente distribuído en bosques, sotobosques e áreas rochosas nas proximidades de cursos fluviais.
Sinónimos: rabisaco. -
s
f
[MAR]
Conxunto moi mesto e apertado de sardiñas que é visible cando a fosforescencia das augas é favorable, especialmente nas noites sen lúa.