algarismo
(
-
[MAT]
-
s
m
Cada un dos signos usados para a representación sistemática de cantidades.
Ex: O número 1.000 expresa unha cifra de catro algarismos.
Sinónimos: díxito. Confrontacións: número. -
algarismo árabe Signo de orixe árabe que representa os números no sistema decimal (0, 1, 2, 3 [...], 8, 9) introducida polo emperador Carlomagno en Occidente. É a representación numérica máis espallada no mundo, mesmo en países cun sistema numérico tradicional propio.
-
algarismo romano Signo que representa os números no sistema de numeración romana (I=1, V=5, X=10, L=50, C=100, D=500, M=1.000).
-
s
m
-
s
m
[MAT]
Procedemento de cálculo que consiste en cumprir unha serie de instrucións ordenadas e finitas que conducen, unha vez especificados os datos, á solución que o problema xenérico en cuestión ten para os datos considerados. Así, o algarismo da raíz cadrada permite, despois dunha sistemática operativa, calcular a raíz cadrada de calquera número. Defínense algarismos naquelas situacións, matemáticas ou non, nas que establecer unha estratexia ordenada facilite a obtención de solucións (teoría dos xogos, organización do traballo). Os programas informáticos son basicamente algarismos escritos en linguaxe de programación nos cales o ordenador efectúa repetidamente as operacións que se lle indicaron.
-
s
m
[INFORM]
-
Sistema de regras e procedementos de cálculo ben definidos, baseado en fórmulas matemáticas, que permite resolver un problema nun número finito de operacións.
-
Lóxica incorporada nun programa informático.
-
-
[INFORM]
algarismo de compresión
-
[MAT]
algarismo de Euclides