Algemesí
Algemesí
Municipio da provincia de València situado á esquerda do río Xúcar (41 km2; 25.029 h [1996]). Laranxeiras, arroz e hortalizas. Gandería ovina e bovina. Industria agropecuaria: conservas vexetais e exportación de laranxas e arroz. A cidade era unha antiga alquería islámica do termo de Alzira, repoboada por cristiáns en 1243, despois da conquista de Xaime I. A igrexa parroquial de Sant Jaume foi construída entre 1550 e 1582.