‘Alī Bey
‘Alī Bey
o Grande (Abkhazia 1728 - O Cairo 1773) De familia grega cristiá, aos 13 anos foi raptado e vendido como escravo ao bei de Exipto, Ibrāhīm. Converteuse ao Islam e foi liberado. Morto o bei, apoderouse do goberno (1766). Independizouse do Sultán de Turquía e comezou un programa de expansión territorial e de alianzas. Foi apresado (1773) durante a ocupación de Siria.