aliado -da

aliado -da

(< aliar)

  1. p reg

    de aliar.

  2. adx

    Vencellado por alianza.

    Ex: As forzas aliadas desembarcaron en Normandía no ano 1944.

  3. s m

    Persoa ou entidade unida a outras por un compromiso de axuda mutua.

    Ex: Veremos se todos os teus aliados poden sacarte desta.

  4. s m [HIST]

    Denominación xenérica dada aos estados que loitaron contra Alemaña, Austria-Hungría, Bulgaria e Turquía na Primeira Guerra Mundial e tamén aos adversarios das potencias do Eixe na Segunda Guerra Mundial. A denominación mantívose para as coalicións contra Iraq na Guerra do Golfo (1991) e contra Serbia na Guerra de Kosova (1999). Adoita empregarse para referirse aos estados que colaboran cos EE UU en materia de defensa, ben no marco da OTAN, ben fóra dela.

Palabras veciñas

Alia, Ramiz | aliable | aliáceo -a | aliado -da | aliadófilo -la | Aliaga, Luis de | Aliakmon