aliado -da
aliado -da
(< aliar)
-
p reg
de aliar.
-
adx
Vencellado por alianza.
Ex: As forzas aliadas desembarcaron en Normandía no ano 1944.
-
s
m
Persoa ou entidade unida a outras por un compromiso de axuda mutua.
Ex: Veremos se todos os teus aliados poden sacarte desta.
-
s
m
[HIST]
Denominación xenérica dada aos estados que loitaron contra Alemaña, Austria-Hungría, Bulgaria e Turquía na Primeira Guerra Mundial e tamén aos adversarios das potencias do Eixe na Segunda Guerra Mundial. A denominación mantívose para as coalicións contra Iraq na Guerra do Golfo (1991) e contra Serbia na Guerra de Kosova (1999). Adoita empregarse para referirse aos estados que colaboran cos EE UU en materia de defensa, ben no marco da OTAN, ben fóra dela.